Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esquerda Unida demanda a creación dun punto limpo en Redondela

RR_Noticias

O seu custe ascendería a 200.000 euros e permitiría separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente ademais de recuperar os materiais contados en ditos residuos para a súa reciclaxe. A formación política critica que Redondela sexa a “a localidade mais grande da provincia que actualmente non conta cun punto limpo”.

 
A carencia deste servizo obriga aos veciños a se desprazar a outras localidades, sendo o l punto limpo mais próximo o que se atopa en Porriño.
Dende Esquerda Unida entenden que a creación dun punto limpo é economicamente viable, o seu custe estimase en 200.000 € pero sobre todo por ser medioambientalmente necesario.
O obxectivo dos puntos limpos é separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas., recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais e evitar o vertido incontrolado de cascallos e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará