Os feitos producíronse ás 19:10 horas de onte logo de que o detido A.P.D. de 24 anos de idade e veciño de O Viso, fuxira dun control policial na rotonda de Vilavella. A persecución prolongouse durante mai de 5 kilómetros por estradas nacionais e camiños parroquiais. O mozo foi detido e pasará hoxe a disposición xudicial acusado de varios delitos contra a seguridade do tráfico.
A persecución iniciouse logo de que un dos policías que participaban no control conxunto que estaban a desenvolver axentes da policía local e nacional na rotonda de Vilavella, recoñecese ao condutor dun Opel Kadett a quen xa se lle tiña retirado o permiso de conducir con anterioridade. Cando os axentes lle deron o alto, o mozo lonxe de deterse acelerou tentando nun primeiro momento atropelar aos propios axentes que tiveron que apartarse de xeito precipitado para evitar a colisión.
Perseguido polos tres vehículos policiais, a persecución prolongouse durante máis de cinco kilómeros, primeiro en dirección ao aeroporto pola N-555 e logo polo Camiño da Devesa e o Camiño de Cadaval, para regresar novamente á rotonda de Vilavella e dirixirse pola estrada nacional cara a Pontevedra. No percorrido, o Opel Kadett realizou numerosos adiantamentos ilegais chegando nalgúns casos a adiantar ata a catro vehículos pola dereita. En Santa Mariña saltouse ademais o semáforo en vermello poñendo en perigo a vida dos peóns que nese intre estaban a cruzar a estrada.
A persecución rematou á altura das obras do Ave logo de que o detido collese a desviación en Torres Agrelo e colidise contra un vehículo policial intentando a fuxida a pé, aínda que finalmente foi interceptado por un axente quen comprobou que ademais de carecer de permiso de conducir, o vehículo non contaba tampouco co seguro regulamentario e non pasara a inspección da ITV.
O mozo foi detido e pasará hoxe a disposición xudicial acusado de varios delitos contra a seguridade do tráfico.