Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A travesía máis dura de Europa dispútase en augas da Enseada

RR_Noticias

Un total de 30 nadadores participarán na “Batalla de Rande a nado” unha travesía de 27 quilómetros que se celebrará en augas da Enseada o 7 de xullo entre as Illas Cíes e a Illa de San Simón. A dureza da proba radica, segundo explican dende a empresa organizadora Mareventum, tanto na distancia a superar polos nadadores como nas frías temperaturas nas augas da ría.

En total son 30 os nadadores que a día de hoxe xa confirmaron a súa participación na proba, dúas mulleres e 28 homes procedentes de distintos puntos da xeografía pero cunha importante presenza de galego, xa que hai 12 deportistas da nosa comunidade que se atreven a desafiar as frías augas da enseada. Deberán nadar entre 7 e dez horas cunha temperatura que non superará os 16 graos. Unha dificultade engadida ao xa difícil percorrido que separa as Illas Cíes da Illa de San Simón, de máis de 27 kilómetros. Para evitar calquera tipo de incidente, cada nadador irá acompañado dun kaiakista que será o encargado de velar pola súa seguridade. Ademais en ningún momento se paralizará o tráfico portuario, polo que se prestará especial atención a proximidade de calquera embarcación ao deportista. A organización conta para este evento coa colaboración do Concello de Redondela a través da Concellería de deportes.  

Agustín Soneira director de Mareventum
Un percorrido con moitas dificultades
Medidas de seguridade
O prioritario é garantir a seguridade do nadador
Colaboración co Concello
O evento conta co apoio da concellería de deportes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará