Non se desbota ninguna hipótese sobre o acontecido a Carmen Sánchez quen perdeu a vida a consecuencia dunha coitelada nun costado. A investigación continúa aberta á espera de que o marido da falecida, de 75 anos de idade, preste declaración nas dependencias da Policía en Vigo, a onde foi trasladado logo de recibir atención médica no Hospital Xeral xa que tamén presentaba feridas de arma branca.
As primeiras noticias do acontecido se terían producido ás 13:30 horas de hoxe cando se recibiu un aviso no 061 alertando de que unha muller do barrio de A Nogueira no Viso presentaba feridas de arma branca, por un posible acoitelamento. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional quen constataron o falecemento da muller.
Sobre ás seis da tarde achegouse á vivenda unifamiliar no número 1 de A Nogueira na que apareceu o cadáver o xuiz de garda do Xulgado de Redondela para proceder ao levantamento do cadáver, así como axentes da Policía Local e Nacional.
A falecida, que perdeu a vida como consecuencia dunha coitelada nun costado, é Carmen Sánchez Tierra de 72 anos de idade e veciña de Redondela, aínda que nos meses de varán trasladábase xunto co seu home a esta vivenda unifamiliar en O Viso. O marido da falecida, Antonio Santos Vázquez, presentaba tamén feridas de arma branca polo que foi trasladado ao Hospital Xeral para recibir atención médica. A continuación desprazouse á Comisaría de Vigo para prestar declaración, sen que teña transcendido polo de agora o acontecido.
Fontes próximas á investigación apuntan que todas as hipóteses están abertas, aínda que nun primeiro momento a que cobraba máis forza era o roubo.