Logo de dúas tempadas co patrocinio da empresa Construcciones Paraxe, o balonmán de Chapela queda sen este apoio. A firma construtora confirmou ao club de Primeira nacional que preside Manuel González Soto o fin da relación que supón unha diminución na entrada de ingresos para o club redondelán.
Un soporte económico que o equipo de Chapela terá agora que suplir coa procura de novos sponsors. Soto confía en que a alta calidade deportiva do club, que este ano se proclamaron campións da Primeira nacional e que a piques estiveron de ascender de categoría, lles serva para atraer novos patrocinadores.
No estrictamente deportivo, o club de balonmán traballa xa na próxima temporada. O obxectivo é manter o bloque, que seguirá baixo a batuta do adestrador Fran Teixeira, e incorporar algún xogador do equipo de Territorial. Está previsto que se reforcen con catro fichaxes: un porteiro, un extremo e dous primeiras liñas.