Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros para descubrir o territorio en Ventosela

RR_Noticias

A Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Ventosela e o Centro Social A Miñoteira organizan, en colaboración coa Cooperativa Trespés, a segunda edición do obradoiro de educación ambiental en Ventosela. A partir de mañá 17 de xullo e durante cinco martes consecutivos en horario de 10:00 horas a 13:00 horas, desenvolveranse unha serie de xornadas de educación ambiental destinada a nenos e nenas a partir dos 6 anos.

A edición deste ano terá como tema principal o territorio e a relación que as persoas temos con el. Desde a idea de que o espazo que habitamos é o resultado da interacción da natureza e as persoas que o habitan, nas sesións iranse debullando cuestións como a enerxía, os asentamentos ou os residuos para amosarlles aos rapaces dun xeito lúdico e didáctico as relacións que mantemos co noso entorno, segundo explicaba un dos técnicos de Trespés, Paulo Jablonski. No deseño do programa tívose en conta a realidade máis próxima de Ventosela, para que os nenos e nenas poidan coñecer e gozar con maior intensidade do seu entorno e, así concienciarse dos efectos no territorio das nosas accións. Con esta iniciativa, a Comunidade de Montes de Ventosela e o Centro Social A Miñoteira realiza unha importante labor social para coa parroquia sen esquecer que “investir en educación ambiental é investir en futuro” en palabras do Felix Cal. E parte fundamental da activade son os rapaces, algúns dos cales logo de participar xa o ano pasado anímanse a repetir. É o caso de Jesús de la Torre quen explicaba na radio municipal o divertido deste tipo de actividades onde se desenvolven obradoiros diversos.  

Paulo Jablonski Trespés
Explica as actividades que se van realizar nos cinco días de obradoiro
Felix Cal Comunidade de Montes de Ventosela
Investir en educación é investir en futuro
Jesús de la Torre usuario do obradoiro
Un dos nenos que paricipou o ano pasado amósase entusiasmado con repetir a experiencia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará