Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre a sanidade pública en Cesantes

RR_Noticias

A Plataforma en defensa da sanidade pública de Redondela-Pazos de Borbén e Fornelos de Montes organiza este mércores día 18 ás 20:30 horas no Círculo Cultural de Cesantes unha charla informativa sobre a sanidade coa baixo o título “Recortes e privatización do sistema sanitario público”.

Na charla coloquio, na que participarán Manuel González Moreira e o médico redondelán José Emilio Santiago Nieto, ambos os dous membros da asociación para a defensa da sanidade pública, falarase das consecuencias do Real Decreto que entrou en vigor o pasado 2 de xullo de medidas urxentes para garantir a sostenibilidade do sistema nacional de saúde e das queixas que a súa aplicación están provocando nos cidadáns e en concreto entre os veciños de Redondela.
Analizarase tamén a problemática xurdida en torno á privatización do Novo Hospital de Vigo, adxudicado a unha UTE da que, entre outras entidades e empresas, forman parte Bankia e Caja del Mediterráneo, ambas intervidas e rescatadas con fondos públicos.
Na Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos participan unhas 15 organizacións dende grupos políticos a asociacións veciñais, movementos sociais, sindicatos, asociacións de atención a enfermos…. así como persoas a nivel individual.
O compromiso da plataforma é co Sistema Sanitario Público e o rexeitamento da sua privatización e ós recortes de dereitos no ámbito da atención sanitaria tanto a nivel estatal como en Galiza.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará