Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de Artistas de Rúa e o Entroido, citas destacadas por cultura

RR_Noticias

O Concelleiro lembra que hoxe continúan as actividades programadas dentro da programación de verán con actuacións dos grupos de baile galego das parroquias que se dan cita a partir das 21:30 horas no Campo da Feira no Día da Muiñeira.

Tamén nesta mesma semana terá lugar o encontro de folclore galego portugués o día 27 xullo que se celebrará na Casa da Torre. Unha actividade que contará coa participación do grupo folclórico de Pinheiros da localidade protuguesa de Monçao e o grupo o Carballo das Cen Polas de Reboreda o venres a partir das 22:30 horas. A maxia será a encargada de poñer o punto e final ás actividades de xullo cun espectáculo a cargo do mago Cayetano Lledó que leva pro título “Máxico circus cabaret” e que terá lugar tamén na praza da Casa da Torre o venres 28 ás 22:30 horas. Xa no mes de agosto a programación arrancará cunha nova edición do Festival de Artistas na rúa os días 3 e 4, unha actividade que ao entender do edil de cultura, Alberto pazos é das máis salientables na programación deste ano xunto co entroido de verán que terá lugar o 18 de agosto Outras citas deste programa inclúen a actuación de Cristian coas súas “Noches de Music Hall” o venres 10 e o “Redondela en curto de verán” o 17 agosto. A música terá tamén presenza neste programa co hip hop de “Verso Libre” e a Pop Changa de “Eigualdeixa”. A programación rematará o venres 24 de agosto oca actuación do grupo de música tradicional pardal na rúa as 22:30 horas na Casa da Torre.  

Alberto Pazos edil de Cultura
O concelleiro fala das citas máis salientables da programación de verán
Actividades de xullo
Os días 27 e 28 as citas previstas desenvolveranse na praza da Casa da Torre

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará