Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rescatado un mozo de Trasmañó logo de caer nunhas rochas na praia de Penedos en Chapela

RR_Noticias

Axentes da Policía Local de Redondela e  o 061 interviron na madrugada de onte no recate e evacuación dun mozo de 31 anos de idade, D.A.S. veciño de San Vicente de Trasmañó, logo de que se precipitase dende unha altura de tres metros e medio nunha zona de rochas na praia de Penedos en Chapela.

O ferido foi trasladado en ambulancia ao Hospital Xeral de Vigo, onde quedou ingresado para ser atendidos das lesións que presentaba. O accidente producíase sobre as 6:30 da madrugada doe onte e, malia a tardía hora, no lugar había moita xente por estárense a celebrar as festas da parroquia.
Non foi esta a única intervención da Policía Local de Redondela quen nas últimas horas detiveron tamén a un condutor por cuadriplicar a taxa máxima de alcol permitida ao volante.
Os feitos tiveron lugar ás 8:25 horas de onte cando os axentes observaron circulando pola N-552 entre Vigo e Redondela un Seat Ibiza que realizaba manobras estrañas polo que se lle deron o alto e procederon a realizarlle ao seu condutor, un veciño de a Coruña de 28 anos de idade, a proba de alcoholemia, deixando unha taxa de 1’09, o que cuadriplicaba a taxa permitida polo que se procedeu a súa detención e inmobilizacións do vehículo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará