A final disputada o sábado rematou con vitoria de Verticalia por 3-1 sobre Agrocar. En terceiro lugar clasificouse Vimar logo de vencer no encontro disputado ante Redontur por 2 tantos a 1. Dende a organización, Juan Manuel Nogueira valora moi positivamente un torneo no que participaron máis de 300 xogadores e que se desenvolveu sen incidencias salientable e con moita deportividade. O relevo é agora para os pequenos con partidos durante todo o mes de agosto.
O gran vencedor do torneo disputado durante todo o mes de xullo na pita da Xunqueira foi o equipo Verticalia, quen logrou imporse na final disputada o sábado onde venceron por 3-1 ao segundo clasificado o equipo Agrocar. Ademais os xogadores de Verticalia fixéronse co trofeo á deportividade, foron o equipo menos goleado en todo o torneo e un dos seus xogadores, Albert Pérez recibiu o galardón ao máximo goleador. Dende a organización destacan tamén outro nome propio, o de Francisco González de Agrocar que se fixo co trofeo ao mellor xogador. A partir de hoxe luns na pista da Xunqueira continúa o deporte aínda que neste caso os protagonistas son os máis pequenos co torneo de promesas, que se xogará durante todo o mes de agosto.