Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A arte como denuncia

RR_Noticias

Retomando a filosofía do colectivo Josefa, os integrantes de Sen ghasoil esperan contar co apoio dos veciños para poñer en marcha unha nova edición do Artelixo. Se nos seus inicios estas actividades serviu para denunciar a existencia dun vertedoiro na Avenida Mendiño, agora retómase co mesmo espírito reivindicativo, porque entenden que a arte pode e debe ser tamén un motor de cambio

Esperan para iso contar co apoio dos veciños a quen convidan a participar da iniciativa que pretende organizar actividades variadas e prolongadas no tempo que servirán para concienciar sobre a necesidade de ir a outra mobilidade máis sostible, usando o transporte público ou por exemplo compartindo o vehículo privado, pero tamén incidindo na alimentación ou no tratamento dos residuos. Así, neste último aspecto se basea esta nova edición do artelixo que se vai desenvolver entre o 27 de agosto e o 7 de setembro e que espera contar coa participación da veciñanza cuxas obras elaboradas usando material de refugallo serán expostas en diferentes puntos da vila. Unha programación que se completará co “vídeolixo” isto é, a creación de pequenas curtas ou vídeos caseiros cuxa temática xirará en torno ao lixo ou o “obralixo” onde os nenos e nenas poderán tamén facer as súas propias creacións. E para dar a coñecer toda esta programación este xoves fan o seu primeiro acto público, que incluirá pasarrúas a cargo do grupo “Os escornabois”, actividades informativas, proxeccións de vídeos e que culminará co concerto do grupo revelación “Tridentes” Será o xoves ás 21:30 hroas na praza da Casa da Torre.  

Tono Bujones Sen Ghasoil
Explica o nacemento e os obxectivos do colectivo
Presentación do xoves
Os actos do día 2 terán lugar na Praza da Casa da Torre
Un novo artelixo
Retoman o espírito do colectivo Josefá

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará