Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Incrementa en 1,4 millóns o investimento na depuradora de Arcade para mellorar a súa xestión

RR_Noticias

O goberno galego autorizou un aumento no orzamento que a Consellería de Medio Ambiente achega para a xestión da explotación da estación depuradora de augas residuais de Arcade, en Soutomaior. O importe total que se dedica á explotación desta infraestrutura ascende a 4,2 millóns de euros ata o fin do período da explotación, no ano 2020.

O aumento do prezo da enerxía eléctrica nos últimos anos, que supón un 30%, xunto con obras de mellora na depuradora, xustifica o incremento no gasto. Isto, xunto co aumento no caudal de caudal sobre o inicialmente deseñado para a depuradora, provoca o incremento nos gastos de xestión. A EDAR de Arcade, cunha capacidade para tratar a carga contaminante equivalente a 10.000 habitantes, recolle na súa maior parte as augas residuais da poboación de todo o municipio, que conta con outra pequena depuradora no río Verdugo. O mantemento desta depuradora foi asumido pola Xunta de Galicia en base á antiga lei de protección de calidade das augas das rías galegas, aínda que a súa aplicación se limitou a unhas poucas estacións depuradoras. Agora, a Ley de augas de Galicia, prevé estender este modelo de xestión ó resto de instalacións existentes nos casos que os Concellos o demanden.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará