Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novos xogos para os nenos na Xunqueira

RR_Noticias

Esta tarde abrirase ó público o remodelado parque infantil do paseo da Xunqueira. Os traballos, que se atrasaron por mor dos actos vandálicos, están xa rematados logo de instalarse novos xogos para os rapaces. O investimento, de 40.000 euros, foi financiado entre o Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra.

Os máis pequenos contan xa cun renovado parque infantil no paseo da Xunqueira, ao lado do Multiusos, que conta con atractivas novidades. O espazo de xogo conta cun novo firme de herba artificial sobre xabre compactado e unha capa de de goma espuma, que reduce os danos ante posibles caídas. Ademais o espazo conta agora cun valado que rodea todo o perímetro do parque, o que ofrece máis seguridade. Un gran tobogán de catro metros de altura que recrea un castelo e outro módulo para nenos máis pequenos son as principais novidades. Pero o parque conta ademais cos módulos xa existentes, que foron reparados e restaurados. A concelleira de Parques e Xardíns, María José Barciela, lamentou que o parque non puidera ser aberto ao público a pasada fin de semana, “tal como estaba previsto”, pero os actos vandálicos impedírono, xa que se produciron desperfectos que tiveron que ser reparados. Ao longo da tarde de hoxe, con todos os traballos concluídos, abrirase ao público.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará