Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esquerda Unida solicita que se manteñan os orzamentos para a atención aos dependentes

RR_Noticias

Os recortes do goberno central en materia de servizos sociais serán debatidos no pleno redondelán a petición de EU, a través dunha moción presentada polo grupo municipal de AER. Propoñen que as axudas da Lei de Dependencia se manteñan destinando para iso parte do orzamento das Deputacións Provinciais.

Esquerda Unida entende que a Lei de Dependencia supuxo “o maior avance en protección social en España no tres últimos lustros”, que recoñece a máis dun millón de persoas en situación de dependencia, dos que 760.000 xa son beneficiarios dunha prestación ou servizo. Denuncia que a crise está a deteriorar o sistema, coa ampliación a dous anos do prazo para resolver as axudas, o incremento das achegas dos usuarios, os descontos nas prestacións, e o feito de o Estado deixa de financiar a Seguridade Social dos coidadores familiares que afecta a 180.000 persoas, o 94% mulleres. Este motivos levan a EU a propoñer a retirada dos últimos recortes impostos á Lei de Dependencia no Real Decreto-lei 21/2012, de 13 de xullo. Instan ó Goberno Central para que non elimine as partidas para toda España, por un valor de 283 millóns de euros. Como alternativa propoñen que destine parte do orzamento das Deputacións Provinciais para asumir estes custes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará