Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia que o Concello deixou de controlar a calidade da auga das fontes públicas

RR_Noticias

A concelleira nacionalista, Cecilia Pérez Orge, critica o “abandono” e a falta de seguimento dos mananciais por parte do goberno local, o que considera “unha temeridade”. Desde o Bloque entenden que se pon en risco “a saúde pública”, xa que son moitos os veciños que fan uso da auga desas fontes.

Hai varios anos o Concello de Redondela puxo en marcha un programa para recuperar as fontes públicas do municipio, no que se incluía tanto a mellora da propia infraestrutura, como o control da calidade e salubridade das augas. Un seguimento da calidade da auga que se realizaba por parte do concello de xeito semestral, o que servía para que os veciños puidesen consumir esa auga “con todas as garantías”. Os parámetros utilizados eran os recollidos no Real Decretp 140/2003, de Consumo Humano de Augas. Desde o BNG denuncian que o actual goberno local “abandonou por completo” ese control periódico das fontes públicas. A concelleira Cecilia Pérez Orge cualifica ese abandono como “unha temeridade e imprudencia”, ao entender que pode poñer en risco a saúde pública, xa que un importante número de veciños fan uso desas fontes. Unha situación “que se agrava nos meses de verán”, posto que os mananciais poden baixar o seu caudal, aumentando o consumo por parte dos veciños e veciñas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará