Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello abre a convocatoria para as subvencións dos clubs deportivos redondeláns

RR_Noticias

A Concellería de Deportes de Redondela ten aberto ata o 25 de agosto o prazo para a solicitude de subvencións ás asociacións deportivas do municipio. As bases poden consultarse na páxina web do Concello.

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión das subvencións da Concellería de Deportes para o ano 2012. O obxecto desta convocatoria é regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para participar en competicións oficiais e para organizar eventos, actividades deportivas que se realicen dentro do termo municipal ou desprazamentos fóra da Comunidade Autónoma para participar en competicións deportivas no ano 2012. O crédito global que se dispón para o outorgamento destas subvencións será de 30.500 euros. A subvención non poderá exceder do 50% do orzamento da entidade deportiva que organice o evento ou actividade, ou o custe do desprazamento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará