Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa da Sardiña en Chapela

RR_Noticias

O Círculo Cultural e Recreativo de Chapela celebra o próximo sábado, día 25, a súa Festa da Sardiña. Os socios poderán degustar unha ración deste peixe de balde, aínda que deberán inscribirse previamente na cantina da asociación. A festa, que comezará ás 20.00 horas, contará con actuacións musicais.

Na festa gastronómica, que comezará o sábado ás 20.00 horas, todos os socios da entidade poderán degustar unha ducia de sardiñas acompañadas de pan de trigo completamente de balde. Para poder facelo é necesario terse inscrito previamente na cantina do Círculo. O último día para facelo é mañá xoves, día 23, ás 20.00 horas. O prezo das sardiñas para os que non sexan socios, ou aqueles que desexen máis racións, será de 9 euros. A organización tamén ten previsto a actuación dun grupo musical. Máis información no C. C. R. Chapela, na páxina web www.chapela.org ou chamando ao teléfono 986 450050.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará