Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un menor resultou ferido de gravidade en Redondela ao participar nunha “queimada”

RR_Noticias

O neno, de 11 anos, resultou ferido con queimaduras de gravidade e outras tres persoas con feridas leves mentres participaban nunha tradicional “queimada”, segundo datos facilitados pola central de emerxencias do 061.

O accidente rexistrouse ás 16.20 horas de onte, no domicilio familiar de Chapela, onde se rexistraron catro feridos de diversa consideración a causa dunha “queimada”. Ao lugar desprazáronse unha ambulancia asistencial, unha medicalizada e persoal sanitario do PAC de Redondela. Un deles é un varón menor de idade que foi trasladado nunha ambulancia medicalizada con base en Vigo ó hospital Povisa, con queimaduras de carácter grave. Unha muller, B.M.B., de 30 anos, e dous homes, A.M.M. De 69 anos e A.M.B., de 35, foron dados de alta no centro de saúde con queimaduras leves.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará