Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Consello Local de EU critica que a estación dos Eidos se vaia usar como “apeadoiro”

RR_Noticias

A agrupación lamenta que se “dilapiden” 7,3 millóns de euros na nova estación de tren para que o uso destas instalacións se limite ó servizo de apeadoiro. Critican tamén que a estación non sexa “intermodal”, e careza de conexión coas liñas de autobús.

Responsables de ADIF confirmaron recentemente a EU que a futura estación de tren dos Eidos “non será mais que un apeadoiro”. Deste xeito a agrupación afirma que “no mellor dos casos terá paradas as horas punta”, e por tempo estimativo, é dicir, “tantos minutos por viaxeiro que suba o baixe nese apeadoiro”. Cuestionan ademais que a estación non estea deseñada para ser intermodal , xa que so dispón de 48 prazas de aparcamento, e non está pensado para a conexión con autobús. EU denuncia que o paso do AVE polo municipio de Redondela custou “máis de 280 millóns de euros do erario público”, e que “minguou considerablemente” a calidade de vida dos veciños afectados. Tamén supuxo un prexuízo para o ecosistema da enseada de San Simón, polas toneladas de áridos e produtos químicos arrastrados ao longo dos ríos Maceiras e Alvedosa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará