Haberá seis niveis para adultos e dous para nenos que empezarán o vindeiro mes de outubro e rematarán no mes de xuño de 2013. Este ano como novidade ofertarase un nivel básico para aquelas persoas que non teñan ningún coñecemento do idioma.
A matrícula para nenos dende 2º de primaria ata 1º de ESO e para os adultos que se matriculen por primeira vez abrirase dende o día 17 ata o 21 de setembro. Os adultos que se matriculen por primeira vez terán que pasar unha proba que indicará o nivel do curso que vaian a realizar. Esta proba farase no Multiusos de Redondela o día 2 de outubro ás 18.00 horas. A matrícula para os adultos que xa realizaron un curso do Concello o ano anterior será dende o día 11 ata o 14 de setembro.