Rosa Quintana, a conselleira do Mar, reuniuse onte co alcalde de Redondela, Javier Bas e o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez, aos que confirmou que o proxecto está a seguir “os procedementos necesarios” e será unha realidade a finais de 2013.
Cun orzamento de 630.00 euros, terá un prazo de execución duns nove meses, polo que podería estar rematada en setembro de 2013. O edificio terá 680 metros cadrados, e contará con zona de poxas, ventas, oficinas, vestiarios, almacéns, cámaras frigoríficas e outros servizos. A construción, en dúas plantas, permitirá ós visitantes situarse na parte superior e ver como se realizan as poxas e outros traballos típicos da lonxa. Outro dos asuntos tratados na xuntanza foi a “preocupación” das Comunidades de Montes polo proceso de Deslindes cos Concellos limítrofes, polo que quedou por parte da Conselleira en remitir toda a información necesaria para iniciar o trámite de deslinde dos termos municipais, unha documentación que segundo a alcaldía xa está en mans do Concello. Por outra banda, Bas explicou á explicou á conselleira os distintos proxectos elaborados para participar nas convocatorias de subvencións do programa LEADER, dos fondos AGADER para este ano. Entre eles destaca unha proposta para poñer en valor o patrimonio cultural e paisaxístico de Monte Penide, o acondicionamento e equipamento das aulas no centro de formación A Marisma, a restauración do espazo natural da Moucheira e a mellora do espazo natural da Fervenza de Reboreda.
Obras de saneamento en Chapela .
A Concellería de Medio Ambiente ten en marcha o proxecto de renovación da rede de saneamento, augas pluviais e abastecemento da rúa Suso Bahamonde. Tamén un novo asfaltado eficiente derivado da reciclaxe de pneumáticos. O importe total da obra é de 39.714,41, do que a Consellería de Presidencia financiará o 80%. Segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, neste proxecto conflúen a protección do medio ambiente, recuperando unha infraestrutura deteriorada, ao tempo que se dá un impulso á eficiencia das enerxías renovables cun asfaltado feito a partir da reciclaxe de pneumáticos usados.