Os traballos centraranse en retirar vexetación do entorno fluvial, a eliminación de residuos e a retirada de árbores caídas. O proxecto tamén inclúe a recollida de lixo, plásticos ou cristais acumulados nun pequeno sendeiro anexo ao río, na parte baixa da fervenza.
A consellería, a través de Augas de Galicia, inicia hoxe os traballos de limpeza e mantemento do río. Estímase unha duración dos traballos de 8 días, cun importe económico de máis de 5.200 euros que serán achegados pola Xunta de Galicia. O tramo, que ten unha lonxitude de preto de 2 quilómetros, caracterízase pola presenza de abundante vexetación no leito, principalmente macrófilas que se desenvolven preto das pontes e en zonas de estancamento da auga. Neste senso, unha vez realizada a limpeza, o río o seu entorno quedará libre de maleza, posibilitando o correcto fluír das augas. O proxecto tamén inclúe a recollida de lixo, plásticos ou cristais acumulados nun pequeno sendeiro anexo ao río, na parte baixa da fervenza. Ademais realizarase un clareo da vexetación espiñosa que medra nas marxes do río así como a poda de árbores próximas ao leito.