Haberá outra concelleira de Redondela concorrendo ás próximas eleccións autonómicas, é o caso da voceira do BNG, Cecilia Pérez Orge, que parte no posto 18 da lista do Bloque pola provincia de Pontevedra. Nas listas do PsdG as próximas eleccións tamén atopamos a unha veciña de Redondela. Trátase de Olga Rodríguez Puga, que ocupa o posto 14 na candidatura provincial.
O alcalde de Gondomar, Fernando Guintián, substituirá na Deputación a Pazos Couñago. O ente provincial celebrou onte luns un Pleno Extraordinario para dar conta da renuncia do deputado do Grupo Provincial Popular, Alberto Pazos Couñago, que concorrerá de número trece nas listas dos populares nas próximas eleccións autonómicas do 21 de outubro. O edil popular salienta que se trata “de un importante reto” e que asume “con ilusión”. Malia non ocupar, en principio, un posto de saída para as eleccións autonómicas de outubro, no caso de que o PP volvese gobernar na Xunta, Pazos contaría con moitas opcións de entrar no Parlamento. Isto explícase porque está previsto que varios dos conselleiros que ocupan os primeiros postos (Alfonso Rueda, Javier Guerra, Elena Muñoz e Agustín Hernández) repitan no cargo, polo que abandonarían o seu escano. Tendo en conta que nas pasadas eleccións o PP obtivo once representantes en Pontevedra, de manterse estes resultado o edil redondelán estaría seguro en San Caetano. Isto non suporía o seu abandono da política local, xa que asegura que mantería o seu cargo no Concello como edil de Cultura e portavoz do seu grupo, debido “ó compromiso de catro ano cos redondeláns”. Alberto Pazos será substituído na Deputación provincial polo actual rexedor de Gondomar, Fernando Guitián, que figuraba como suplente no distrito electoral de Vigo. Outra concelleira de Redondela participará nas próximas eleccións, é o caso da voceira do BNG, Cecilia Pérez Orge, que parte no posto 18 da lista do Bloque pola provincia de Pontevedra. Nas listas do PsdG as próximas eleccións tamén atopamos a unha veciña de Redondela. Trátase de Olga Rodríguez Puga, que ocupa o posto 14 na candidatura provincial.