O colectivo veciñal esixe que se retire un panel promocinal da marca Estrella Galicia por incumprir o regulamento sobre prevención do consumo de bebidas alcólicas en menores de idade, que prohibe calquera tipo de patrocinio cos distintivos de bebidas alcólicas.
O colectivo lembra que segundo a normativa vixente queda prohibido calquera tipo de patrocinio ou financiamento de programas, espazos, páxinas ou servizos cos distintivos de bebidas alcohólicas en actividades -deportivas, educativas, recreativas ou espectáculos públicos- dirixidas ou nas cales participen maioritariamente menores de idade. Porén a Asociación de Veciños, consumidores e Usuarios San Simón vén de presentar no rexistro do concello un documento no que solicita a retirada da publicidade do distintivo da bebida Estrella Galicia das instalacións deportivas municipais sitas no Paseo da Xunqueira ademais da revisión exhaustiva de calquera tipo de publicidade de bebidas alcólicas en todas as instalacións deportivas, educativas e recreativas municipais. Tamén lle suxiren ao concello que substitúa calquera publicidade de bebidas alcohólicas das instalación municipal por mensaxes da administración local, dirixido ao público xeral, a favor do deporte e doutros hábitos saudables alternativos.