Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian que o Concello verteu 20 camións de escombro no monte comunal de Reboreda

RR_Noticias

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común desta parroquia critica a actitude do concelleiro de Vías e Obras por non ter informado deste feito ós responsables do colectivo. Esixen que se retire todos os restos de terra e escombros depositados no monte e que se deixe o terreo “tal como estaba”.

A Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Reboreda denuncian “a actitude de prepotencia e desprezo” contra esta entidade por parte do responsable de Vías e Obras, Cándido Vilaboa. Acusan ó edil de ter ordenado a pasada semana o baleirado de 20 camións con terra e restos da limpeza da Senda da Auga en terreos propiedade da Comunidade de Montes. Uns feitos que se produciron “sen informar previamente á Comunidade de Montes, sen solicitar permiso para facelo e sen autorización previa”. A Xunta Reitora, cumprindo co acordado na última asemblea de non permitir ningún tipo de vertido nos seus montes, esixe que se retire toda a broza alí depositada e que se deixe o lugar “tal e como estaba”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará