Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Camiño de Santiago e a Illa de San Simón son os principais atractivos para os turistas

RR_Noticias

A Oficina de Turismo de Redondela botou o peche ata o próximo ano 2013. Desde a pasada Semana Santa milleiros de peregrinos e outros viaxeiros pasaron polas dependencias da Alameda redondelá para informarse das lugares de interese turístico do municipio, as festas e as viaxes á Illa de San Simón.

Marta Fernández, que ata onte domingo atendía ao público na Oficina de Turismo de Redondela, salienta que son moitas as persoas que nos últimos meses se achegaron ata a Alameda para interesarse pola oferta turística de Redondela. Explica que moitos deles son peregrinos que fan o Camiño de Santiago Portugués “e aproveitan o seu paso por Redondela para coñecer un pouco máis a vila e os seus arredores”. Noutros casos son turistas que están a facer un percorrido polas Rías Baixas e que están en Redondela “de paso”, polo que lles interesa coñecer os lugares máis característicos. A Igrexa de Santiago, os viadutos e a praia de Cesantes son algúns dos atractivos máis destacados, sen esquecer a fervenza de Reboreda ou os montes próximos da Peneda e Monte Penide. Mención especial merece a Illa de San Simón, que recibiu milleiros de visitantes grazas ó servizo de transporte marítimo que durante meses uniu os portos de Chapela e Cesantes coa illa. Neste caso non só os turistas chegados de fóra de Redondela, senón tamén moitos veciños do municipio, se achegaron á Oficina de Turismo para facer a súa reserva e desprazarse ata San Simón e coñecer mellor a illa grazas ás visitas guiadas.    

Marta Fernández da Oficina de Turismo
Os visitantes son peregrinos e turistas que están de paso por Redondela.
Lugares de interese
A illa de San Simón a praia de Cesantes ou a Peneda son algúns dos lugares destacados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará