Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Escasas capturas e prezos baixos na primeira xornada de marisqueo na ría logo da veda

RR_Noticias

Case un milleiro de persoas entre mariscadoras a pé a flote sairon onte faenar despois de case seis meses de peche na ría de Vigo. A confraría de Redondela lamenta a situación do sector pesqueiro e marisqueiro, que cada vez “vai a peor”.

A veda estaba vixente desde o pasado mes de abril, logo da Semana Santa, pero o descanso semella que non foi suficiente. O patrón maior do pósito redondelán, Clemente Bastos, entende que as baixas capturas son consecuencia de algo “que está a pasar no mar”, un fenómeno a nivel biolóxico, pero do que non se ten coñecemento. No conxunto das confrarías da ría de Vigo os rexistros de capturas caeron un 50% con respecto ó pasado ano. A primeira xornada de traballo foi “bastante mala”, segundo Bastos, tanto en capturas como en prezos, o que vena confirmar que o sector pesqueiro e marisqueiro “vai cada vez peor”. Segundo os limites establecidos, de ameixa xapónica pode apañarse diariamente ata 7 quilos, de ameixa fina 1 quilo diario, e de ameixa vermella ata 16 quilos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará