Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vantaxes financeiras para o comercio local

RR_Noticias

A Asociación de Empresarios de Redondela vén de asinar un convenio con Novagalicia Banco polo que os seus asociados poderán obter financiamento gratuíto para os seus clientes e condicións vantaxosas para o Cartón Comercio.

O presidente da Asociación de Empresarios de Redondela, Jose Antonio Gómez Pérez, e o Director da zona Redondela-Morrazo de Novagalicia Banco, Martín Branco Conde, asinaron este xoves un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade aplicará unhas condicións financeiras especiais ás empresas e comercios asociados, así como liñas de crédito gratuítas para os seus clientes mediante a utilización do Cartón Comercio e o crédito telefónico Crediventa. Dúas modalidades de pago que permiten o fraccionamento do pago sen intereses nin comisións para o comprador en prazos de até 12 meses. NCG Banco, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que presta aos asociados á Asociación de Empresarios de Redondela, porá a disposición da asociación persoal especializado na xestión de seguros, que asesorará aos comercios sobre as pólizas que mellor se adapten ás súas necesidades. No convenio tamén se promove a difusión de fórmulas de Prevención Social, como Plans de Emprego, Plans Asociados e Plans individuais, pensando na perda de renda que poida afectar aos empresarios e aos seus trabaladores polo cesamento da súa actividade ou por mor da xubilación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará