Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luz verde para a ampliación de Plastic Omnium que permitirá crear 200 empregos

RR_Noticias

O Consello da Xunta aprobou o plan supramunicipal para a empresa redondelá de compoñentes, que suporá unha inversión de 8,5 millóns de euros cunha subvención dun millón de euros do Igape. Coa ampliación das instalacións de Cedeira a factoría aumentará a súa produción e desenvolverá novos produtos para a automoción.

A fábrica ampliarase en 2.800 metros cadrados, o que lle permitirá crear 200 novos postos de traballo directos, o que implica duplicar o número de empregados actuais. A Axencia Galega de innovación subvencionou a Plastic Omnium para que fabrique plásticos de última xeración, cun mínimo impacto ambiental. Por este motivo parte da subvención, 650.000 euros, proceden do Fondo Tecnolóxico. A Consellería de Industria lembrou que ó longo desta lexislatura investiron 120 millóns de euros no sector da automoción e a industria dos compoñentes. O grupo Plastic Omnium, que conta con 103 fábricas en todo o mundo, ingresou no primeiro semestre do ano 2.390 millóns de euros, o que supón 371 millóns máis que no primeiro semestre do ano anterior. Os beneficios netos foron 98 millóns. A empresa ven de asinar un contrato co fabricante Audi para producir novos catalizadores que reduzan as emisións dos motores de gasóleo. A produción comezará en 2015.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará