Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O vertido de terras e broza no monte de Reborda suporá para o Concello unha multa de 80.000 €

RR_Noticias

A decisión municipal de verter os restos dunha limpeza en terreos do Monte Comunal de Reboreda vai supoñer un duro pau para as arcas municipais, debido a unha sanción administrativa que vai impoñer o Seprona ó Concello por incumprir a normativa. Desde EU piden que se abra unha comisión de investigación sobre o asunto.

O motivo da sanción é que o Concello non solicitou permiso por escrito á Consellería de Medio Rural para facer o vertido de terras e broza. A lexislación obriga tamén ó Concello a retirar os vertidos, o que xa fixo o pasado día 4 de outubro. Desde a agrupación local de Esquerda Unida denuncian “a neglixencia” do concelleiro de Vías e Obras, Cándido Vilaboa, por esta actuación, e tamén “a falta de cultura medio ambiental” do goberno local. Neste caso lamentan tamén que a actuación supoña ademais “un grave prexuízo económico” para as arcas municipais. Por este motivo solicitan a creación dunha comisión de investigación para que se depuren responsabilidades por estes feitos, e chegado o caso non desbotan a posibilidade de solicitar “a dimisión fulminante” de Vilaboa Figueroa. Por outra banda dende Esquerda Unida amosan o seu apoio á XunTa Reitora da Comunidade de Montes de Reboreda, que denunciou o vertido.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará