Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A sección da Escola Oficial de Idiomas de Redondela inicia o curso con 195 alumnos

RR_Noticias

Son en total máis de 10.300 as persoas que estudarán idiomas na escola de Vigo e no resto de centros dependentes. A matrícula incrementouse máis dun 9% con respecto ó curso pasado, e máis de 300 persoas quedaron en lista de espera, malia terse aberto o novo centro en Redondela.

As aulas do instituto Pedro Floriani sumáronse este curso 2012-2013 á rede da Escola Oficial de Idiomas, que ofrece ensinanzas de inglés para primeiro nivel básico e primeiro nivel intermedio. Case 200 alumnos reciben así neste municipio formación oficial de idiomas, sen ter que desprazarse a Vigo ou Pontevedra. Redondela súmase deste xeito á rede da EOI de Vigo, que conta xa con seccións en Coia, Tui, Cangas, Ponteareas e Nigrán.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará