Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade amplía o seu paseo marítimo

RR_Noticias

O departamento de Costas do Estado en Pontevedra ampliará a senda peonil polo litoral de Arcade até a ponte medieval de Pontesampaio. A actuación contempla toda a mellora do bordo litoral na localidade de Soutomaior.

As obras consistirán na construción dun dique ao longo do actual paseo marítimo nas inmediacións da desembocadura do río Verdugo, cunha lonxitude de 300 metros. O proxecto inclúe ademais a construción dunha pasarela peonil por baixo das tres pontes que cruzan a canle fluvial, a estrada N-550 e os dous viadutos das vías do tren. Deste xeito poderase ampliar o paseo marítimo até a ponte medieval de Pontesampaio. A actuación permitirá dotar á zona litoral de Arcade dun paseo con máis de 800 metros en total, desde a zona portuaria até Pontesampaio, pasando polas praias do Peirao e Matilde. O primeiro tramo da senda costeira, entre o porto da localidade e a desembocadura do río Verdugo, ten 500 metros de lonxitude e foi inaugurada en maio de 2010. A actuación foi financiada polo Ministerio de Medio Ambiente que investiu 125.000 euros nas obras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará