Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Táboas para o balonmán local

RR_Noticias

Tanto o Solla&Cía Chapela como a SAR Plastic Omnim empataron os seus respectivos encontros contra Magope e Pontevedra. Os dous se manteñen como líderes da Primeira Nacional e da Primeira Autonómica.

Primeira Nacional
Magope Seis do Nadal 31-31 Solla&Cía Chapela
O pavillón de Coia viviu un cheo total para presenciar un encontro que se caracterizou pola igualdade. A emoción chegou na recta final do partido, cando o Magope reclamou un penalti que o árbitro non sinalou. Este é o primeiro punto que cede o equipo de Chapela desde que comezou a liga, aínda que segue invicto. O conxunto de Fran Teixeira segue líder, pero só a 1 punto do Novás e Zamora. Precisamente o sábado será o equipo de Zamora o que visite o pavillón de Chapela.
Primeira Autonómica
SAR 23-23 Pontevedra
Un gol dos redondeláns nos últimos segundos evitou a derrota diante dos pontevedreses. É o primeiro punto que cede a SAR esta temporada, aínda que segue líder do seu grupo, e mantén ademais a condición de invicto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará