Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pide ó goberno de Rajoy que cree un fondo estatal de emerxencia con 1.000 millóns

RR_Noticias

A moción, presentada polo PSOE, contou con apoio de PP e AER, mentres que o BNG se abstivo. A corporación acordou tamén instar á Xunta e ó goberno central para que eliminen as subvencións aos colexios que segrega aos alumnos por sexos.

A corporación de Redondela acordou pedir ó goberno central a creación dun Fondo Estatal de Emerxencia dotado con 1.000 millóns de euros. A iniciativa partiu do PSOE, que pretende que este fondo se inclúa nos orzamentos xerais do Estado para 2013, e que os cartos se destinen a “emerxencias sociais”. A proposta aprobouse co apoio de AER e o PP, e incluíu tamén a proposta da edil popular Teresa París para que o goberno solicite as axudas habilitadas na UE para estas situacións. O BNG abstívose alegando que tamén a Xunta de Galicia ten competencias en materia de Servizos Sociais. Outra moción socialista que se aprobou no pasado pleno foi unha relativa ó ensino, na que o pleno aprobou pedir ós gobernos central e autonómico que se retiren as subvencións “aos colexios que segregan ós seus alumnos por sexos”. O edil Eduardo Reguera lembrou que estas subvencións a colexios concertados supoñen en Galicia 3 millóns de euros anuais, e que estes cartos deberían dirixirse “a mellorar os colexios públicos e para bolsas dos alumnos”. Lembrou Reguera que ademais o Tribunal Supremo ditaminou que esta separación de nenos e nenas contravén a Constitución por ser “discriminatoria”. O PP rexeitou a moción, alegando que “deben ser as familias as que decidan” se queren un colexio mixto ou segregado. Tanto socialistas como nacionalistas respectaron que deben ser as familias as que elixan o tipo de colexio, pero insistiron en que con cartos públicos “non se pode subvencionar a aqueles que separan por sexos ós alumnos”. O voceiro popular Alberto Pazos argumentou que a segregación “non é discriminatoria” se se garanten uns parámetros de calidade, e referiuse a un informe avalado pola Unesco. AER replicoulle que ese informe se remontaba ó ano 1960, aínda que Pazos replicou que logo se ratificara nos anos 90.  

Alberto Pazos PP
Os populares defenden que sexan as familias as que decidan o tipo de colexio.
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas defenden que non se deben gastar cartos públicos en colexios que segreguen aos alumnos.
Cecilia Pérez BNG
O Bloque defende a liberdade de elección dos pais pero non a segregación subvenionada.
Jorge Varela AER
AER apoiou a moción dos socialistas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará