Os escolares que viaxaban no transporte do Colexio Vigo sairon ilesos. Sufriron danos os ocupantes do coche, no que viaxaban unha nai e o seu fillo, de 10 anos de idade, e tamén o conductor do autocar.
O accidente produciuse a primeira hora desta mañá, tras chocar o coche no que viaxaban unha muller e o seu fillo cun autobús escolar na estrada que une Redondela e Vigo, no Alto da Encarnación. Os dous feridos do turismo tiveron que ser excarcerados por efectivos dos Bombeiros de Vigo, mentres que os vinte rapacesque viaxaban no bus escolar non sufriron danos. Segundo fontes do Colexio Vigo, os mozos que viaxaban no autocar son de ciclos medios e superiores, de idades comprendidas entre os 16 e os 17 anos, e atópanse todos ben. No entanto, o condutor si que tivo que ser atendido nun centro médico por un ataque de ansiedade. Fontes do hospital Xeral, onde ingresaron a nai e o fillo feridos, sinalaron que o estado da nai, de 38 anos de idade, é menos grave e non se teme pola súa vida, mentres que o seu fillo permanece ingresado na UCI en estado grave.