Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A promoción da enseada é un dos proxectos escollidos dentro dos Grupos de Acción Costeira

RR_Noticias

A Xunta destina máis de 460.000 euros na provincia de Pontevedra para un total de 23 proxectos dos Grupos de Acción Costeira. Estas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Pesca, pertencen á convocatoria de 2012 e concédense ao abeiro dos plans estratéxicos zonais co obxecto de impulsar a competitividade das zonas de pesca.

Estas axudas concédense ao abeiro dos plans estratéxicos zonais e están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Pesca. A través destas axudas favorécese a competitividade das zonas de pesca, impúlsase o valor engadido dos produtos pesqueiros e axúdase a pequenas infraestruturas e servizos relacionados con este ámbito. No caso do Concello de Redondela o proxecto denomínase “Mar, traballo e patrimonio, descobre a enseada de San Simón”. Como novidade a convocatoria deste ano inclúe por primeira vez a presentación dun proxecto de cooperación que se denomina Enredadas: cultura e oficio das redeiras, presentado polas asociacións de redeiras de Burela, Corme e Malpica en colaboración coa asociación Atalaia da Guarda. O obxectivo desta iniciativa é amosar o traballo, tradición e oficio das redeiras iniciando ademais actividades de diversificación económica dirixidas a produtos de artesanía coa colaboración da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará