Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fotos con premio en Cesantes

RR_Noticias

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy organiza o seu VII Concurso Fotográfico. O certame reparte este ano 400 euros en premios, e a temática é libre. Establécense dúas categorías, unha infantil/xuvenil para menores de 14 anos e outra de mozos/adultos para os maiores desa idade. O prazo para presentar as fotos remata o 25 de novembro.

Luis Medal, presidente da asociación, explica que a súa intención é “fomentar a fotografía, sobre todo entre os máis novos”. Desde que hai sete anos comezaran a organizar este concurso, o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy ten recollido un bo número de instantáneas de Cesantes e do resto do Concello, que se expoñen e difunden para dalas a coñecer a todo o público. As fotos que se presenten ao concurso deben ser inéditas, e poden presentarse un máximo de 5 imaxes por participante. Faranse obrigatoriamente nos dous formatos:dixital (CD ou DVD) e impresas, que se deben presentar en soporto ríxido. O Premio á Mellor fotografía está dotado con 200 euros, o 1º Premio na categoría adultos con 100 euros, e a mesma cantidade para o 1º Premio xuvenil. Poden consultar as bases do sorteo na páxina web www.estudoslocais.org.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará