Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde rende homenaxe ás mulleres

RR_Noticias

A Comunidade de Montes de Saxamonde organiza unha homenaxe ás veciñas da parroquia que vendían froita en Vigo e outras vilas da comarca. O acto consistirá na presentación dun pomar recentemente plantado en terreos de monte comunal e a colocación dunha placa conmemorativa. Será mañá sábado, ás 17.00 horas. Logo a Asociación Cultural Chan das Pipas celebra un magosto e un serán popular.

Coa homenaxe ás mulleres, os comuneiros queren recoñecer “o traballo silencioso” destas mulleres, que co seu esforzo contribuían ás economías familiares. O presidente da Comunidade de Montes, Arturo Piñeiro, lembra que ese “duro traballo” das mulleres, que percorrían moitos quilómetros a pé coa cesta de froita á cabeza non ten sido “debidamente recoñecido e valorado”. Por iso os comuneiros veñen de recuperar un espazo sito na entrada ao Chan das Pipas, onde se plantaron maceiras e outras árbores froiteiras. Este pomar que se ven de establecer pretende ser “o recordatorio” desta actividade das mulleres de Saxamonde que debera ser coñecida por todos os veciños. Mañá sábado, ás 17.00 horas, descubrirán a placa conmemorativa na entrada ó Pomar, para despois facer a “Homenaxe á muller” no Centro Cultural Chan das Pipas. A xornada festiva continuará coas actividades programadas polo propio centro cultural. A partir das 19:00 horas comezará o magosto co reparto de castañas de fronteira, recollidas no Concello de Arbo. O acto contará coas actuacións do grupo de gaitas de Cesantes, as pandereteiras de Cidadelle e os grupos de baile de Froles Mareliñas e de Saxamonde, que actuarán ás 20:00 horas. Á noite, celebrarase o tradicional serán de Saxamonde, que chega á súa 10ª edición, e ao que están convidados todos os grupos que desexen participar. Na media noite sortearase un xamón e lencería femenina e masculina. A continuación, repartirase chocolate e rosca para todos os asistentes. Todas as actividades están organizadas pola veciñanza de Saxamonde que consideran necesario a construción de espazos de creación e recreo social e cultural. O Centro Cultural, neste sentido, está aberto a calquera tipo de colaboración e propostas que se fagan co ánimo de sumar sinerxías na parroquia e no concello. Os actos contan coa colaboración do Concello de Redondela e a Comunidade de Montes de Saxamonde.  

Arturo Piñeiro presidente da Comunidade de Montes
Os comuneiros queren recoñecer con esta homenaxe o duro traballo das mulleres da parroquia.
Colaboracións na parroquia
Comunidade de Montes e a Asociación Chan das Pipas colaboran na celebración dos actos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará