Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa do balonmán en Chapela

RR_Noticias

Unha auténtica “gozada”, así describe o presidente do club de balonmán de Chapela a xornada vivida esta fin de semana, na que presentaron oficialmente aos seus 13 equipos. Ademais o conxunto de máxima categoría, o Solla&Cía Chapela, gañou ó Lalín por 36-31, o que os mantén nos postos de cabeza da Primeira Nacional.

No medio dunha gran expectación e nun pavillón ateigado de público, o club de balonmán de Chapela presentou ós seus trece equipos de todas as categorías. En total máis de 250 xogadores e medio cento de persoas máis do corpo técnico. E fixérono nunhas instalacións recentemente renovadas, aínda que están pendentes aínda de que se rematen os traballos no ximnasio, ademais doutros “detalles”, segundo explica o presidente Manuel González Soto. O presidente salientou non só a boa marcha do club, actual campión da Primeira Nacional, senón tamén “a labor social da entidade” na parroquia de Chapela. Para Soto o traballo cos máis novos é fundamental, por iso o club conta con equipos de todas as categorías e está aberto á participación “de todos os nenos e nenas que queiran practicar balonmán”. Este ano tamén se encargan de organizar as Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra, que levan a cabo en varios colexios do municipio e no barrio de Teis, e que reúnen a uns 250 rapaces. A festa pechouse “da mellor maneira posible”, co triunfo do Solla&Cía Chapela sobre o Lalín por 36-31, unha vitoria que os deixa na segunda praza do grupo, a tan só un punto do líder, o Zamora. A próxima fin de semana terán que facer un longo desprazamento, xa que xogan no pavillón do Ademar León.  

Manuel González Soto presidente
No club amósanse moi satisfeitos co éxito da xornada de presentación dos equipos.
Labor social
Para Soto o máis importante é o traballo coa canteira.
Temporada 2012-2013
O comezo de temporada está a ser moi positivo malia contar con importanes baixas no equipo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará