No programa participan 30 mozos de 16 a 35 anos de idade. O obxectivo destas actividades que desenvolve a Deputación de Pontevedra é ofertar cursos formativos e educativos que axuden aos máis mozos a ampliar coñecementos e facilitarlle a inserción laboral.
A deputada provincial, Marta Iglesias, foi a encargada de inaugurar na Casa do Mar de Redondela este curso, e salientou a importancia deste tipo de iniciativas para ampliar a formación dos participantes “nun momento difícil para acceder ao mercado laboral”. Por iso animaba ós participantes a “aproveitar ben esta oportunidade” para formarse, xa que os recursos son cada vez “máis escasos”. O obxectivo deste curso, segundo apuntan dende a Concellería de Xuventude, é fomentar a conciliación e a colaboración dos máis novos nos labores do fogar, facéndoos partícipes das tarefas cotiás. As clases rematarán o próximo 20 de decembro. Ao seu remate os participantes obterán un diploma acreditativo.