Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A nova secretaria da Confraría de Redondela busca reducir gastos e manter o emprego

RR_Noticias

Rosario Alonso, ata agora administrativa do pósito redondelán, é a súa nova secretaria, logo de aceptar a proposta da Xunta Xeral da Confraría. O anterior secretario, Anxo Lusquiños, cesou no seu posto a pasada semana, logo de oito anos no cargo, ao perder a confianza da xunta directiva da confraría.

Para aceptar o cargo, logo da proposta da Xunta Xeral, Alonso esixiu como condición que se mantiveran todos os postos de traballo, e rexeitou a aplicación de Expedientes de Regulación de Emprego ou despidos. Para a nova secretaria agora o fundamental é analizar os orzamentos do pósito e reducir o gasto “para garantir a súa supervivencia”. Tamén buscan explorar novas alternativas empresariais, e potenciar o marisqueo e marca de calidade do choco de Redondela. A confraría de Redondela é unha das máis importantes da ría de Vigo, posto que conta con 250 socios aos que se informará nunha asemblea dos cambios que haberá na xestión do pósito.  

Rosario Alonso secretaria
Alonso aposta por manter os postos de traballo.
Reducir gastos
Garantir a supervivencia da Confraría é o seu obxectivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará