Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cea solidaria a favor de DaMan

RR_Noticias

Este sábado a Rondalla de Redondela organiza unha cea solidaria no convento de Vilavella a favor da ONG redondelá DaMan. Esta organización galega para o desenvolvemento traballa tanto en países do terceiro mundo, como Senegal, como na propia bisbarra de Redondela, colaborando con familias, inmigrantes e persoas en situación de necesidade.

DaMan está dedicada ao traballo solidario, a axuda humanitaria e a cooperación en países en vías de desenvolvemento. O seu obxectivo en colaboración cos organismos, institucións e profesionais do propio país, é contribuír ao desenvolvemento humano e ao fortalecemento dos dereitos fundamentais das persoas. Pilar Martínez, presidenta da ONG, explica que os seus proxectos céntranse no ámbito da saúde e a educación, con programas de nutrición, atención sanitaria e a creación dunha escola. Para poder levar a cabo este traballo non só precisan do traballo voluntario e desinteresados dos colaboradores, senón tamén das doazóns particulares “de moita xente solidaria”. Martínez sinala que nestes tempos de crise “é preciso axudar ós máis febles”, e calquera contribución, por pequena que sexa, é ben recibida. Na cea que se organiza en Redondela presentarase unha proxección co traballo de DaMan en Senegal, e actuará a Rondalla de Redondela. O prezo da cea é de 25 euros, que inclúe un donativo para a organización, e as invitacións están á venda no Café da Vila.    

Pilar Martínez presidenta
A ONG traballa con programas de saúde e educación.
Colaboradores solidarios
A cea que se organiza o sábado en Vilavella é unha mostra máis da solidariedade dos veciños de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará