Xa está aberto o prazo para as subvencións da concellería de Servizos Socias, cunha partida de 13.000 euros, que se destinarán ás asociacións ou entidades que presten programas, no término municipal de Redondela, de promoción do voluntariado social e programas de atención específica a infancia; así como a promoción da inclusión social, incluso a través do emprego.
As bases da convocatoria poden consultarse na páxina web do concello. A concello de Redondela vén de publicar as bases para a concesión de subvencións da Concellería que dirixe Teresa París que teñen por obxectivo a prevención da exclusión social, a promoción do voluntariado a conciliación da vida laboral, familiar e persoa e a atención a infancia no caso dos colectivos que traballen con nenos redondeláns. Poderán solicitar esta achega todas as asociacións sen ánimo de lucro que centran a súa actividade nestes ámbitos. As bases da convocatoria poden consultarse na páxina web do concello de Redondela ou no Boletín Oficial da Provincia do xoves 22 de novembro. O prazo de solicitude é de 15 días, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.