A empresa FCC Construción adxudicouse as obras para a súa rehabilitación, ao presentar a oferta “máis vantaxosa” segundo publica o Boletín Oficial do Estado. As obras saíron a concurso orzadas en 5,59 millóns, e a adxudicataria reduciu a cantidade en case dous millóns de euros. Isto supón tamén que o Concello ingresará menos cartos do previsto pola licencia.
O Concello cobra en concepto de imposto sobre construcións un 4% do orzamento da actuación, que neste caso se reduciu de xeito notable. O goberno local calculaba uns ingresos pola licenza de 240.000 euros. O feito de que FCC reducira notablemente a cantidade supón que o Concello só poderá recibir uns 152.000 euros. As obras en cuestión son para rehabilitar o antigo viaduto de Madrid, unha infraestrutura de 441 metros de lonxitude, construída no século XIX, que se sostén sobre alicerces de pedra e que está considerada Ben de Interese Cultural. Polo seu estado de deterioro leva tres anos tapado cunha malla de protección. A Dirección Xeral de Patrimonio do Estado aprobou as obras de rehabilitación por mor dos desprendementos de pezas metálicas que se produciron sobre a vía pública.