Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco, condenado a pagar 8.000 euros a antigos xogadores e adestradores

RR_Noticias

A actual Xunta Xestora debe agora facer fronte á débeda, que se remonta á época da anterior directiva do club. O seu presidente, Iván Crespo, lamenta a actitude dos demandantes, aos que acusa de “aproveitarse” da delicada situación da entidade. Ademais asegura que as cantidades que reclamaron no xuizo son “case o dobre” do que o club realmente lles debía.

Os feitos remóntanse á temporada 2.010-11, e o club non pode recorrer a sentenza do Xulgado, xa que o ex presidente Cándido Mirou non atendeu as tres citacións realizadas polo xulgado, e agora o fallo é firme. Os demandantes son os ex-adestradores Manuel Veiga e Sergio Suárez, e os ex-xogadores David Calo, Estefan e Eric. A actual Xunta Xestora, que tomou o control do club “para evitar a súa desaparición”, atopouse cunha situación económica “moito peor” da que transmitiu a anterior directiva. Logo da fusión coa Escola de Fútbol Base deben facer fronte a unha débeda “próxima ós 60.000 euros”. Agora sobre o futuro do club “serán os socios os que decidan”. No mes de xaneiro convocarán unha asemblea para facer balance das contas e estudar as posibles saídas, entre elas entrar nun preconcurso de acredores. O C.D. Choco conta na actualidade con 19 equipos e case 350 fichas, o que convirte nun dos clubs máis importantes da provincia. A nivel deportivo a situación é boa, e Iván Crespo é optimista. Na Preferente Sur están situados na parte alta da táboa, no resto de categorías compiten tamén “a bo nivel”. Por iso a Xunta Xestora agarda que os afeccionados apoien tamén ó club para poder saír desta delicada situación “entre todos”.  

Iván Crespo presidente da Xestora
A actual directiva lamenta que antigos membros do club se aproveiten da débil situación que atravesa a entidade.
Apoio dos afeccionados
A situación deportiva é boa en todas as categorías polo que agardan un maior apoio dos seu seareiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará