Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A atención socio-sanitaria a debate con Lenda

RR_Noticias

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental presenta este venres no Multiusos da Xunqueira o último número da súa revista A Voz de Lenda, na que abordan a actual situación dos servizos sociais e a sanidade pública. O acto incluirá un coloquio no que participarán representantes de PP, PSOE, AGE, BNG e AER.

O acto comezará ás 20.00 horas coa presentación do nº 25 da revista por parte do seu equipo redactor e unha actuación do coro de Lenda. A publicación recolle nesta ocasións a preocupación dos usuarios de Lenda polo deterioro dos servizos públicos sociais e sanitarios nos últimos tempos. Jaime Figueroa, voceiro da asociación, explica que o obxectivo de Lenda é participar na vida social e política “como calquera outro colectivo”, e por iso os seus actos públicos abranguen “todo tipo de temas”, neste caso a situación da sanidade e os servizos sociais. Para coñecer a valoración dos diferentes partidos políticos, as súas visións e propostas nestes ámbitos, celebran un debate ao que están convidados representantes dos partidos políticos con representacións na corporación local e o parlamento galego (PP, PSOE, AGE, BNG e AER). O público asistente tamén terá ocasión de participar activamente no debate coas súas preguntas.  

Jaime Figueroa portavoz de Lenda
A Voz de Lenda chega ó seu número 25.
Coloquio sobre a situación socio-sanitaria
Representantes de PP PSOE AGE BNG e AER participarán no debate.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará