Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría de Redondela solicita a creación de dous novos niños para o choco en San Simón

RR_Noticias

O pósito redondelán xa remitiu á Consellería de Medio Rural e do Mar toda a documentación para obter os permisos. Trátase de dúas novas zonas de cría do cefalópodo na enseada, cunha superficie de 3.000 metros cadrados.

 Estas dúas novas zonas sumaríanse ás que existen actualmente, e que permitiron incrementar a presenza de choco en San Simón. A Confraría emprega este sistema desde o ano 2011 utilizando ramas de piñeiro no fondo do mar, xa que a resina natural da árbore facilita o depósito das ovas do prezado cefalópodo. Os resultados son cualificados de “excelentes” por parte do colectivo de mariñeiros, logo de que na pasada campaña se capturasen máis de 51.000 quilos de choco. Estes “niños” son zonas protexidas, onde está prohibida a pesca, e serven pare facilitar o ciclo reprodutivo da especie.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará