Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Debate sobre o plan municipal para previr a exclusión social nun pleno cargado de mocións

RR_Noticias

A transmisión de postos no mercado municipal será outros dos temas na orde do día da sesión que se celebra esta tarde ás 20.00 horas no Multiusos da Xunqueira. As mocións dos grupos da oposición e as comparecencias centrarán boa parte da sesión, e tocarán temas como o canon da auga, a xestión da Concellería de Cultura, os danos no CEIP Quintela, os desafiuzamentos ou o plan urbanístico en Vilavella.

O grupo municipal do PSOE levará ó pleno unha moción sobre os desafiuzamentos, na que solicita a paralización dos desaloxos no caso das vivendas habituais de familias en situación de insolvencia. Outra das súas mocións reclama a recuperación do sistema de teleasistencia, e tamén pedirán as comparecencias dos concelleiros de Facenda e Urbanismo, para explicar as súas xestións. Desde o BNG proporán a mellora dos recursos municipais de información e asistencia a vítimas de violencia de xénero, e tamén a inclusión nos orzamentos da Xunta de Galicia dunha partida para cambiar o tellado do CEIP Quintela. No caso de AER, unha das mocións pide que o canon da auga repercuta nas Comunidades de Augas, xa que segundo este grupo levan moitos anos prestando un servizo básico que deberían dar as administracións. Tamén piden unha reprobación para o concelleiro de Cultura pola súa xestión, así como a comparecencia do de Interior para que explique a situación do Grumir.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará