Os de Jacobo Montes acabaron cun home menos nun partido con moitas protestas e xogo duro. No balonmán vitoria tanto para o Solla&Cía Chapela, que se impuxo ó Cisen, como para a SAR, que gañou diante do Conxo.
Preferente Sur
Ribadumia 1-0 Choco
O Ribadumia conseguiu tres importantes puntos ante o Choco, que se sitúa no 7º posto da clasificación. A primeira parte transcorreu sen goles. O Ribadumia gozou de varias internadas na área que non deron os seus froitos, e o Choco pola súa banda optaba por sorprender con disparos desde a frontal. O gol chegou tras a derriba de Cyllas(min. 68) dentro da área, que é transformado por Fernando. O Choco baixou os brazos e elevou o ton das súas protestas e o xogo duro, polo que sufriría a expulsión de Dieguito por agresión no minuto 73. A pesar da superioridade numérica, o marcador xa non se moveu.
Balonmán Primeira Nacional
Solla&Cía Chapela 28-25 Cisne
Os de Fran Teixeira mantéñense na segunda praza -dezanove puntos- co seu triunfo sobre o Cisne, que nunca deu o partido por perdido e até o final tivo opcións de sumar algún punto. Os visitantes empezaron a dominar o marcador desde o primeiro minuto de xogo. Cun parcial de 1-5 (m.6) o banco local tivo que consumir o seu primeiro tempo morto ante a efectividade do Cisne e a feble defensa local. Soubo reporse o Solla & Cía e a falta de cinco minutos para o descanso forzaba o primeiro empate (11-11). Un gol de Sergio Cid sobre a bucina deixa o marcador en 14-13 para os de Teixeira ao descanso. A segunda parte foi ben distinta. Mellorou o sistema defensivo local, o porteiro Antón encadeou unha serie de catro intervencións seguidas e o parcial do Chapela disparouse (20-16) con protagonismo para Vidal e Rubén na faceta goleadora.