Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro, maxia e música con “Pequitas y Cía”

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle este sábado a obra “El grito de las lechugas” nun espectáculo dirixido a público de 0 a 99 anos, e que se completa coa actuación de mago Marco e a animación musical de Piyopi. O prezo da entrada, 2 euros, será doado integramente a Cáritas, e sortearanse lotes de Nadal entre o público.

A actuación comeza ás 18.30 horas, e desde “Pequitas y Cía Group” prometen diversión “para toda a familia”. A función conta, dun xeito ameno, como os nenos e adultos de hoxe en día pasan “demasiadas horas” diante da televisión. A sesión conta coa colaboración de Mago Marco e a actuación do grupo de animación Piyopi, que promete ter a todo o público en pé “cantando e bailando” as cancións do seu “Cantajuegos”. As entradas poranse á venda dúas horas da función a un prezo de 2 €, e entre todas elas sortearanse lotes de produtos de Nadal. Ademais todo o que recade nesta actuación será doado a Cáritas, da parroquia de Santiago de Redondela.”Pequitas y Cía Group”, organización sen ánimo de lucro, está dirixida por Yosirys e Pato, e leva traballando en Redondela desde 1996. Polos seus obradoiros de teatro e música teñen pasado xa moitos nenos, e actualmente o grupo está integrado rapaces desde os 3 ata os 18 anos, que fan obras de teatro infantís e musicais. Habitualmente colaboran con organizacións como Cáritas, Unicef ou Sonrisas Compartidas. Máis información no teléfono 617.141.853, en info@pequitasycia.org e a páxina web www.pequitasycia.org  

El grito de las lechugas
Un espectáculo para público de 0 a 99 anos.
Pequitas y Cía Group
Levan desde 1996 traballando en Redondela con teatro e musicais para nenos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará